Leite

Queimada unha cisterna de Leche Río en Frades

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 09/03/2016 11:25 a.m.

Unha cisterna de Leche Río que estaba estacionada en Abellá (Frades, A Coruña) sufriu un incendio intencionado que a calcinou por completo. Descoñécese o autor ou autores da acción, aínda que desde o sector presúmese que foi obra de gandeiros descontentos ante a falta de solucións á crise láctea.

As granxas enfróntanse esta primavera a novos anuncios de baixadas de prezos e a dificultades de recollida para parte das granxas. Xa hai unhas 400 explotacións que, ante a falta de compradores, teñen que enviar toda a súa produción para leite en po, segundo os datos que manexa a Xunta, unha situación que con toda probabilidade se agravará nas próximas semanas.

Os boicots a cisternas repítense con regularidade nos últimos meses, se ben ata agora consistiran principalmente no baleirado do leite do seu interior. A de Frades é a primeira cisterna que aparece calcinada. Desde o sector produtor, amósanse partidarios de accións planificadas con obxectivos claros e poñen en cuarentena este tipo de accións, que poden resultar de impacto pero son de resultados incertos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A cisterna de Río foi incendiada na madrugada do luns ó martes e o suceso trascendeu nas últimas horas a través das redes sociais de Leite Lugo e de Crónicas, xornal da comarca de Ordes.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada