Viña

Que viños estranxeiros compran os españois?

Loading ad.
Ad could not be loaded.
05/03/2021 11:15 a.m.

Segundo datos da Axencia Tributaria, analizados polo Observatorio Español del  Mercado del Vino (OeMv), as importacións españolas de viño situáronse, en 2020, nos 95,2 millóns de litros (+82%) por valor de 165,7 millóns de euros (-20,8%), a un prezo medio de 1,74 euros/litro (-56%).

En termos absolutos, España aumentou as súas compras de viño en 42,8 millóns de litros, pero gastou 43,4 millóns de euros menos, ao caer o prezo medio un 56% (-2,25 euros/litro). Esta caída prodúcese como consecuencia do destacado aumento do granel, a prezos medios moi económicos (40 céntimos por litro), e ao caer as importacións dos viños con maior valor engadido. Estas importacións de viño a granel, na súa maioría arxentino, estiveron moi concentradas nos meses de febreiro, marzo e abril do pasado ano.

Francia e Italia os principais provedores de viños a España en valor

O principal provedor de viño a España en 2020, (incluíndo aromatizados e sen ter en conta o mosto e o vinagre), en termos de volume, foi Arxentina. España importou 42 millóns de litros de viño arxentino, dos que 41,6 millóns, corresponden a viño a granel sen ningunha indicación, importado nos meses de febreiro, marzo e abril.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Francia mantense como o principal provedor de viño a España en termos de valor, a pesar de perder un -38%, até os 75,4 millóns de euros, que supoñen un descenso en 46 millóns de euros respecto de 2019. Séguelle Italia, con 68,3 millóns de euros (-21% ou 17,8 millóns de euros menos). Italia tamén ocupou a segunda praza en volume, tras Arxentina, con 34,4 millóns de litros (-11%).

Ademais de Arxentina, crecen as compras de viño orixinario de Rumania (+35% en valor e +56% en volume). Tamén creceron de forma destacada, pero só en volume, Alemaña (+43%) e Portugal (+34%).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Descarga aquí o informe completo

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada