Agricultura

Que produtos fitosanitarios se poden comprar sen necesidade de carné?

Loading ad.
Ad could not be loaded.
16/02/2016 1:46 a.m.

Non todos os agricultores teñen que ter o carné de aplicador de produtos fitosanitarios para poder mercar un os devanditos produtos. O Real Decreto 1311/2012 de uso sostible de produtos fitosanitarios define como produtos de uso non profesional, para uso doméstico:

– Un litro, cando se trate de aerosois ou outros tipos de envases deseñados para aplicar directamente o produto fitosanitario.
– 500 gramos ou 500 mililitros para calquera outro tipo de preparados.

A día de hoxe o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medioambiente ten rexistrados un total de 173 produtos para uso doméstico, e polo tanto sen a esixencia de carné.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No caso de Galicia, os comercializadores de produtos fitosanitarios consultados por Campo Galego, botan en falta nesta lista “produtos funxicidas, que é o principal problema sanitario do viñedo ou da pataca en Galicia, e para o cal a única alternativa que se da para os usuarios non profesionais é cobre en pequenos sobres, pero ningún produto sistémica, co cal a efectividade fronte ao mildeu baixa moito”.

Consulta a aquí a lista de produtos autorizados para uso non profesional, co nome do seu principio activo, o seu nome comercial, e as indicacións de uso e de cultivos e pragas para os que está indicado.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada