Leite

¿Que precisan os produtores lácteos europeos para seren competitivos?

Loading ad.
Ad could not be loaded.
17/04/2018 10:06 a.m.

O Grupo Focal da EIP-Agri sobre “Sistemas de produción gandeira fortes e resilientes” presentará este mércores as súas conclusións nunha videoconferencia pública que se poderá seguir en directo a través desta ligazón a partir das 7 da tarde.

Neste grupo participan expertos de diversos países da Unión Europea, coordinados por César Resch, investigador do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo-Ingacal.

Algunhas das conclusións preliminares que avanza César Resch son:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Débese deseñar unha estratexia para cada explotación gandeira. Nese plan individual débense ter en conta non só os ingresos e gastos ou o financiamento, senón tamén as perspectivas de sucesión na granxa e a calidade de vida que se persegue.

-É clave que os técnicos e asesores sexan independentes, traballen en equipo cos gandeiros e teñan unha visión global da granxa.

-A sociedade é a que vai dar permiso aos gandeiros para producir, condicionando o seu comportamento como consumidores e como contribuíntes a que o sector produza de forma sustentable, con boas prácticas ambientais e de benestar animal.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Son necesarios índices para medir os parámetros que esixe a sociedade ao sector. Estes índices deben ser fiables, medibles, precisos e válidos.

-Os grupos de investigación e operacionais deben coñecer as demandas da opinión pública a respecto da industria láctea; crear índices de responsabilidade social para o sector (industria e gandarías) medibles e cribles e realizar unha política de comunicación transparente e proactiva para transmitir á sociedade o que xera de positivo o sector lácteo.

Podes inscribirche nesta ligazón para seguir por internet a presentación das conclusións:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

https://register.gotowebinar.com/register/4931458473606251779

Aquelas persoas que non poidan seguir o vídeo da conferencia en directo poderana consultar a través da rede temática Eurodairy: https://eurodairy.eu/

En breve tamén estará dispoñible unha tradución da conferencia ao idioma galego.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada