Agricultura

Que facer na horta en setembro?

Setembro representa un descanso na horta tralo intenso traballo dos meses de verán. Velaquí algúns consellos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
01/09/2015 8:32 a.m.

Setembro é un mes de transición que tan ben pode ser un mes caloroso de verán serodio, como ven acontecendo en Galicia nos últimos anos, como o preludio do outono con choivas e algunha ventada fría.

Velaquí van algúns consellos xerais:

Podemos empezar a sementar os abonos verdes, incluídos os nabos, nas parcelas nas que a partir da primavera plantaremos plantas esixentes en nutrientes como o millo, as patacas ou os tomates.
Podaremos as partes altas das tomateiras para que toda a enerxía das plantas se concentre nos froitos e maduren antes da chegada do frío e das choivas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Empezaremos a preparar o compost que utilizaremos nas plantacións de primavera ou de finais do inverno (cebolas e allos).

Seguiremos plantando todo tipo de horta de inverno até mediados de mes: repolo, brócoli, couveflor, lombarda...etc.

Tamén podemos plantar leitugas de inverno e escarolas, que agradeceremos como ensalada nos meses de inverno.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Nas zonas máis cálidas de Galicia, como Ourense e Pontevedra, setembro é boa época para empezar a plantar fabas lobas.

Se temos plantada xa horta un bo método para evitar o crecemento das malas herbas e favorecer o crecemento das plantas é o acolchado con herba.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada