Agricultura

Que facer na horta en setembro?

Loading ad.
Ad could not be loaded.
06/09/2016 7:48 a.m.

Setembro é un mes de transición que tan ben pode ser un mes seco e caloroso, como ven acontecendo en Galicia nos últimos anos, como o preludio do outono con choivas e algunha ventada fría. “Setembro: ou secan as fontes ou levan as pontes”, advirte o dito. Desgraciadamente, parece que vai ser o primeiro.

Velaquí algúns consellos xerais:

- Podemos empezar a sementar os abonos verdes, incluídos os nabos, nas parcelas nas que a partir da primavera plantaremos plantas esixentes en nutrientes, especialmente en nitróxeno, como o millo, as patacas ou os tomates. Convén estar atentos ás previsións meteorolóxicos para sementalos uns días antes de que anuncien choivas para asegurarnos unha boa nascencia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Seguiremos podando as partes altas das tomateiras para que toda a enerxía das plantas se concentre nos froitos e maduren antes da chegada do frío e das choivas. Aínda que este verán seco está a favorecer que non haxa enfermidades fúnxicas, as néboas e as previsibles choivas que van chegar nos vindeiros días aconsellan facer un último tratamento con cobre para asegurarnos a colleita dos últimos tomates. Respectar en todo caso os prazos de seguridade recomendados.

-Empezaremos a preparar o compost que utilizaremos nas plantacións de primavera ou de finais do inverno (cebolas e allos).

-Seguiremos plantando todo tipo de horta de inverno até mediados de mes: repolo, brócoli, couveflor, lombarda, porros…etc. Poderíamos realizar a plantación máis tarde pero a planta non desarrollaría o suficiente, ao contar con menos horas de luz e menos calor. Dado a grave seca que estamos a padecer, convén asegurarnos que a plántula teña humidade para que poda enraizar, así como realizar regas periódicas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Tamén podemos plantar leitugas de inverno e escarolas, que agradeceremos como ensalada nos meses máis fríos.

-Un bo método para evitar o crecemento das malas herbas e favorecer o crecemento das plantas é o acolchado con herba. Podemos facelo previo á plantación, estendendo unha capa de herba e logo empregando un plantador, ou cando as plantas xa son un pouco grandes.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada