Agricultura

Que facer na horta en febreiro?

Loading ad.
Ad could not be loaded.
08/02/2016 10:50 p.m.

Aínda que as choivas e os temporais limitan a actividade da nosa horta ao mínimo, hai algunhas labores que si podemos ir facendo e que irán preparando o noso terreo para a época de sementeira na primavera. Ao mesmo tempo, as horas de luz van en aumento polo que xa podemos ir plantando horta de primavera.

Velaquí algúns consellos:

-No semilleiro cuberto cun invernadoiro de túnel ou cun sistema caseiro de macetas recubertas con bolsas de plásticos podemos ir facendo os primeiros alcoubes de tomates, pementos, acelga, remolacha vermella ou mesmo leituga. Moita xente segue o calendario lunar para plantar polo que ata o 22 de febreiro, que é cando entra a lúa chea, non se faría.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Febreiro é tamén o mes límite para plantar allos, e outros cultivos que darán os seus froitos en maio-xuño como son os guisantes ou as fabas lobas.

-Tamén podemos plantar cara finais de mes brásicas que recolleremos en primavera: repolo, couveflor ou brócoli.

-Naquelas zonas máis cálidas de Galicia é posible plantar patacas de cedo. Tamén nas zonas de clima máis benigno podemos plantar leituga de tempada (folla de carballo, orella de mulo..etc) en exterior

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Febreiro tamén é o mes da poda das froiteiras e, a ser posible, coincidindo días froito ou flor coa lúa minguante.

-Tamén é o mes idóneo para rematar as plantacións de froiteiras de folla caduca (pereiras, pexegueiros, ameixeiras...). Tamén podemos plantar oliveiras e avelairas.

-Polo demáis, continuaremos recollendo os cultivos propios desta tempada: porros, repolo ou os grelos, no mes do cocido por excelencia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por último, podemos seguir acumulando algo imprescindible para a nosa horta: materia orgánica, ben mediante a compostaxe dos nosos refugallos domésticos ou acumulando folla e outros restos vexetais.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada