Agricultura

Que facer na horta en agosto? Coidados e consellos de cultivo

Agosto é o mes no que se concentra a colleita dos cultivos de verán e a plantación dos de inverno. Un bo plan de traballo axudará a organizar as tarefas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
03/08/2015 9:33 a.m.

Agosto é un mes de intensa actividade nas nosas hortas xa que se xunta a colleita de cultivos de verán e das patacas de tarde coas plantación xa da horta de inverno.

Velaquí algúns consellos:

A rega é un tema moi importante neste mes. Un sistema de rega por goteo con programador aforraranos moito traballo. Para aqueles que prefiren facelo polo sistema tradicional recoméndase facelo nas primeiras horas do día e sen mollar as follas das plantas para evitar enfermidades fúnxicas. O acolchado con herba seca ou palla axudará a reter a humidade e a aforrar en auga.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Convén non descoidar as colleitas xa que coa calor solen adiantarse. O mellor momento para colleitar é nas primeiras horas da mañá, cando os produtos están máis frescos. As cabaciñas hai que repasalas case a diario; os tomates cada 4 días e as xudías cada tres. Pementos e berenxenas tamén precisan ser colleitados unha vez á semana, como mínimo. No caso dos pementos de Padrón é recomendable recollelos dúas veces por semana.

En canto á sementeira ao aire libre, agosto é o mellor mes para sementar o rei da gastronomía galega de inverno: o nabo. Hai que sementalo en pó e cunha chuvieira nacerá deseguido, aínda que dependendo das comarcas e do tipo de grelo (cedo tarde, medio tempo), pode facerse tamén en setembro e mesmo en outubro. Tamén podemos sementar ao aire libre cenouras, leitugas, nabicol ou escarola , que, con bos coidados, estarán listas para recoller nos meses de setembro-outubro.

Agosto é tamén un dos mellores meses para plantar a horta de inverno: couveflor, repolo,brócoli, escarola...etc. Non debemos descoidar o rego para evitar que seque. Tamén é o último mes recomendable para plantar porro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada