Carne

‘Pura tenrura, pura ternera’, nova campaña promocional de Ternera Gallega

A IXP introduce un novo lema co que busca transmitir valores como a calidade e a identidade da súa carne

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 08/04/2017 12:10 p.m.

A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega vén de poñer en marcha unha nova campaña promocional cun novo lema, 'Pura tenrura, Pura Ternera', que se quere convertir nunha referencia do selo, como foron no pasado 'A carne con carné' ou 'Eu quero T'.

A campaña conta cun spot audiovisual no que se bota man dalgúns tópicos galegos e que nace co obxectivo de facerse viral en redes sociais. Coa referencia a Galicia, búscase reforzar a identidade galega da IXP e a imaxe de calidade da súa carne, en tanto o lema apunta á tenrura que caracteriza á carne de Ternera Gallega en relación a outras carnes de vacún.

As novas accións promocionais continúan coas emprendidas nos últimos meses, como a Escola de Cociña de Ternera Gallega, con vídeos prácticos dispoñibles na súa canle de Youtube ou as aplicacións móbiles lanzadas para consumidores, distribuidores e gandeiros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O aspecto gráfico da nova campaña, na súa versión en castelán, xoga tipograficamente coa 'u' de 'ternura' e a 'e' de ternera coa idea de reforzar a imaxe de ternura da carne da IXP.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada