Leite

Pulso da distribución ó sector lácteo cunha cadea de ofertas a baixo prezo

As peticións do sector lácteo para que o Goberno aborde solucións cos grupos da distribución están a ser seguidas por unha cadea de ofertas a baixos prezos. Primeiro Lidl anunciou iogures a 8 céntimos e agora Dia leite sen lactosa a 59

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 21/02/2020 9:05 p.m.

A demanda do sector lácteo de impulsar unha cadea de valor do leite máis xusta, con prezos formados de abaixo cara arriba, está atopándose con reaccións inusitadas nos supermercados, que se embarcaron nunha cadea de ofertas a baixo prezo. Primeiro foi Lidl a que anunciou unha oferta de iogures da marca Milbona a 8 céntimos a unidade, e agora é Dia a que oferta leite sen lactosa Vital a 59 céntimos, prezo de marca branca de leite convencional.

Unións Agrarias anuncia en nota de prensa que lle deu 48 horas a Dia para retirar a oferta. De non facerse efectiva a retirada, anuncia accións nos propios centros comerciais da cadea, así como unha denuncia formal ante a Agencia de Información y Control Alimentario (AICA).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“Estamos ante actitudes comerciais devastadoras para a formación dunha cadea de valor do leite máis xusta. As Administracións deben ir máis alá de grandes declaracións de apoio ó sector e facer un traballo de fiscalización destas prácticas”.

Desde Unións entenden que é precisa unha maior regulación que dificulte estas prácticas, así como o establecemento da figura dun mediador institucional na cadea alimentaria.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada