Agricultura

Publican unha guía de “Variedades autóctonas de pementos de Galicia”

Loading ad.
Ad could not be loaded.
11/04/2017 11:51 a.m.

A Consellería do Medio Rural ven de publicar unha guía de “Variedades autóctonas de pementos de Galicia”. Este traballo, do que son autores Alfredo Taboada Arias, Antonio Rivera Martínez e Manuel Riveiro Leira, destaca a xa longa tradición de cultivo do pemento en Galicia, onde se comezou a cultivar a comezos do século XVII, cunha rápida adaptación ao noso clima e solo, polo que axiña se popularizou como unha hortaliza habitual na dieta galega.

Froito deste éxito na súa adaptación, actualmente consérvanse 14 variedades autóctonas de pementos en Galicia, sendo a máis coñecida o Padrón, pero tamén o Arnoia, do Couto ou de Mougán, repartidos por toda a xeografía galega.

Neste sentido, esta guía ofrece unhas fichas descriptivas de cada unha das catorce variedades de pementos tradicionais de Galicia, nas que aparecen co nome, o lugar de onde é orixinario e a súa situación nun mapa de Galicia, ademais das fotos dos pementos verdes e maduros, dos cortes lonxitudinal e transversal e da folla.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Tamén se detallan dentro de cada ficha os datos agronómicos (rendemento), morfolóxicos (forma e sección lonxitudinal e transversal, forma do ápice, tipo de pel, peso, lonxitude, anchura e grosor da carne), fisicoquímicos (presenza ou ausencia de capsaicina) e o xeito habitual de consumo.

Esta guía divulgativa foi elaborada a partir dos traballos feitos coas distintas variedades tradicionais galegas polos investigadores da sección de horta do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña) e da Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño en Salceda de Caselas (Pontevedra), adscritos á Consellería do Medio Rural.

Descarga aquí a guía de “Variedades autóctonas de pementos de Galicia”

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada