Leite

Publicados os dereitos definitivos de pago básico

O Fega ten dispoñible desde hoxe a consulta dos dereitos que lle corresponden a cada explotación beneficiaria

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 23/03/2016 5:58 p.m.

O Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) vén de publicar a información relativa ós dereitos definitivos de pago básico. Os beneficiarios poden consultar os seus datos particulares a través da páxina web do Fega, na que terán que introducir o seu Nif e o código dalgún dos seus dereitos.

A Administración xa fixera no outono unha comunicación provisional dos valores previstos de pago básico para as explotacións que cobran as axudas da PAC. O número e cuantía final dos dereitos que lle corresponden a cada granxa vén de oficializarse hoxe.

Reserva Nacional
En canto ás solicitudes á Reserva Nacional de dereitos de pago básico que se presentaran no 2015, a información relativa á súa asignación poderá ser consultada na páxina web do Fega a partir da segunda semana de abril.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada