Desenvolvemento rural

Publicado o mapa das concentracións parcelarias realizadas en Galicia

28/03/2021 11:21 a.m.

A Consellería de Medio Rural ven de publicar un mapa das concentracións parcelarias realizadas en Galicia, poñendo a disposición de todas as persoas interesadas a descarga da representación gráfica xeorreferenciada das novas fincas resultantes da concentración parcelaria.

Estes ficheiros descargables, no formato europeo INSPIRE de parcela catastral (GML), poderán ser utilizados para posteriores operacións que necesiten dunha inscrición rexistral. “Isto permite dar unha maior seguridade aos datos de ubicación, delimitación e superficie dos predios que sexan obxecto do tráfico xurídico posterior á concentración parcelaria”, salientan dende Medio Rural.

Deste xeito, recordan que dáse cumprimento ao establecido na Lei Hipotecaria e no texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario, trala súa reforma pola Lei 13/2015, do 24 de xuño, como sistema de coordinación entre o Catastro Inmobiliario e o Rexistro da Propiedade, facilitando a incorporación da descrición gráfica xeorreferenciada.

Accede aquí ao mapa

Etiquetado
Ir a la portada