Desenvolvemento rural

Publicado o listado de beneficiarios das axudas agroambientais e ecolóxicas no 2020

Arredor de 4.000 produtores beneficiáronse dos apoios, segundo a relación publicada hoxe polo Fondo Galego de Garantía Agraria

Campo Galego 28/05/2021 11:53 a.m.

O listado de persoas beneficiarias das axudas agroambientais e ecolóxicas no 2020 pode consultarse desde hoxe no portal do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga). Foron en total 3.977 produtores os que recibiron os apoios para este tipo de manexos por un importe total de arredor de 15 millóns de euros (12,9 millóns as agroambientais e máis de 2 millóns para as ecolóxicas).

O listado inclúe as coantías percibidas por cada beneficiario, se ben cada persoa pode consultar tamén a resolución completa da súa petición a través do portal de axudas da PAC. No portal cada usuario pode acceder a súa resolución individualizada mediante certificado dixital, DNI electrónico ou chave 365. Tamén se pode acceder á resolución mediante a aplicación para teléfonos móbiles Sga@pp, dispoñible tanto en Google Play como no App Store.

Etiquetado
Ir a la portada