Axudas

Publicadas as axudas para seguros agrarios no 2017

A formalización do seguro considerarase solicitude de axuda, sempre que se realice dentro dos periodos de suscripción establecidos pola normativa

Campo Galego 12/05/2017 6:49 p.m.

A Consellería do Medio Rural vén de publicar a orde pola que convocan as axudas para a suscripción de seguros agrarios. O apoio á suscripción de seguros diríxese a agricultores e gandeiros, que non teñen que presentar ningunha solicitude para pedir a axuda, pois a axuda tramítase de xeito automático coa formalización do correspondente seguro. O único requisito é facer a formalización do seguro dentro dos periodos de suscripción previstos pola normativa.

Nos sectores gandeiros, a maioría das pólizas inician o seu periodo de suscripción o 1 de xuño, salvo o seguro por perda de pastos, que comeza o 1 de xullo, e o de apicultura, que se inicia o 1 de setembro. O de cultivos forraxeiros iníciase o 15 de novembro.

Poden consultarse tódolos periodos de suscripción nos anexos da orde publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia. Medio Rural destaca que as axudas cubren o 16% das pólizas en gandería e o 22% en agricultura.

Etiquetado
Ir a la portada