Viña

Publicadas as axudas para a reestruturación de viñas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 16/02/2024 3:26 p.m.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe as resolucións polas cales se destina algo máis de 4 millóns de euros a 179 entidades e persoas beneficiarias para a reestruturación e reconversión da viña en Galicia. Este orzamento, co que se deu resposta a todas as peticións que cumprían os requisitos desta convocatoria anual, permitirá actuar nunha superficie total de 315 hectáreas.

Trátase de dúas resolucións, unha para 119 beneficiarios, onde se indican tamén as persoas excluídas, e outra para 60 beneficiarios adicionais que cumprían os requisitos, pero para os que inicialmente non había fondos.

O obxecto desta liña de achegas é aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas, mellorar os sistemas de produción sustentables e a pegada ambiental deste sector produtivo. Así, preténdese diminuír os custos das explotacións e apostar polo seu redimensionamento ao levar a cabo reaxustes estruturais. Tamén se fomenta a adaptación das variedades ás demandas do consumidor, ao tempo que se preservan as viníferas autóctonas galegas, de menores rendementos e elevada calidade diferenciada, aproveitando así a gran vantaxe competitiva que supón a súa diferenciación no mercado.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Deste xeito, a través destas achegas aumenta o grao de profesionalización do sector vitícola galego, ao tempo que se potencia a remuda xeracional e un desenvolvemento rural socialmente viable facilitando o acceso ás explotacións de persoas viticultoras mozas e capacitadas, en particular das mulleres viticultoras de Galicia.

Trátase dunha liña de achegas estratéxica, que ten como fin a reconversión do viñedo para poder dar viabilidade as explotacións existentes con variedades autóctonas resistentes ás condicións climáticas, que produzan viño de calidade.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada