O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe os beneficiarios das axudas da Consellería do Medio Rural destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas con ayudas europeas Feader a través do PDR 2014-2020. Neste caso, a achega ascende a 2,8 millóns de euros para 16 entidades.
A maioría de solicitantes reclamaron a achega para almacéns de maquinaria ou materias primas, para naves de diverso tipo de gando e instalacións que melloran as labores propias das explotacións. Estas axudas traduciranse nun investimento total no rural de 5,6 millóns de euros, xa que as achegas, aínda que varían segundo o proxectos, representan entre o 40% dos custos elixibles ata o 70% do investimento total do proxecto.
Estas axudas van dirixidas a cooperativas agrarias, de explotación comunitaria da terra e de utilización de maquinaria agrícola (CUMA), así como ás Sociedades Agrarias de Transformación. A través desta contribución a Xunta de Galicia apoia os sistemas de explotación asociativa con fins agrarios co obxectivo de facer un uso máis racional dos factores de produción. Ademais, favorécese a introdución de novas tecnoloxías no campo, algo crucial para garantir un futuro sostible, pero que en moitos casos sería imposible de incorporar sen unha axuda debido aos altos custos.
O obxectivo final destas achegas é conseguir que as explotacións sexan máis eficientes e sustentables, tanto no eido económico-social como ambientalmente, mellorando, polo tanto, as condicións de vida da poboación vinculada a estes sectores.
Relación de entidades ás que se lles concederon as axudas:
NOME DO BENEFICIARIO | IMPORTE DA AXUDA |
Gandeiros de Xallas e Barcala, S.C.G. |
24.503 € |
Unimiño, S.C.G. |
1316310 |
Cusoviame, S.C.G. |
327035 |
García Quintana, S.A.T. |
52475 |
San Martiño, S.A.T. |
50210 |
Os Carrís, S.A.T. |
138494 |
Os Foros, S.A.T. |
166747 |
Agraria Comarcal Ordes, S.C.G. |
15801 |
O Carboeiro, S.A.T. |
113413 |
Ladeira, S.A.T. |
138405 |
Conejos Gallegos Cogal, S.C.G. |
300000 |
O Rodo, S.C.G. |
141134 |
Fontecoba, S.A.T. |
6839 |
Vila Alborés, S.A.T. |
6000 |
Gocalvesa, S.A.T. |
14917 |
As Pandas, S.A.T. |
11300 |