Axudas

Publicadas as cuantías da axuda básica concedida a cada granxa pola crise do leite

A web do Fogga recolle o listado de beneficiarios

Campo Galego 17/12/2015 2:49 p.m.

O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) vén de publicar as cuantías que percibirá cada granxa en concepto da axuda básica, concedida polo Ministerio de Agricultura con fondos europeos para compensar ó sector pola crise de prezos do leite. Cada granxa, segundo recollía o decreto que convocaba as axudas, percibirá arredor dun céntimo por litro de leite producido entre abril e xullo. A diferencia da axuda complementaria –a subvención para determinadas explotacións que se anunciou que estaría entre 110 e 300 euros por vaca-, os gandeiros non tiñan que solicitar a axuda básica, que se lles adxudica e se lles pagará de oficio.

Pódese consultar o listado de beneficiarios e as cuantías a percibir na web do Fogga, así como no seguinte enlace:

- Listado de beneficiarios da axuda básica e das cuantías a percibir.

Etiquetado
Ir a la portada