Leite

Publicadas as bases das axudas para o acceso á financiación das explotacións agrarias

Agricultura abrirá en breve o prazo de solicitude, que rematará o 20 de setembro. O obxectivo é facilitar liquidez e reestruturar as débedas das granxas de leite, porcinas e de coellos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 23/05/2016 5:49 p.m.

O Ministerio de Agricultura abrirá en breve unha liña de axudas dirixida a proporcionar liquidez ás explotacións agrarias, ben a través de novos créditos, ben pola refinanciación de préstamos xa existentes.

As bases das axudas, xa publicadas no Boletín Oficial del Estado (BOE), oriéntanse a subvencionar custos financieiros en sectores afectados por crises de prezos, caso do lácteo, do porcino ou do cunícula. Tamén os produtores de horta poden optar ás mesmas.

A liña de apoios prevista polo Ministerio prevé subvencionar ata o 100% do custo dos avais concedidos pola Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria (Saeca) a novos créditos que suscriban os titulares das explotacións agrarias. A principal novidade deste tipo de axudas, en relación a anteriores convocatorias, é que permítese o seu uso para reestruturar débedas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os profesionais poden acceder ó custo dos avais para novos créditos de ata 40.000 euros, a devolver en 5 anos, cun ano de carencia, ou de 80.000 euros para un prazo de 10 anos, tamén cun ano de carencia, no caso de refinanciación de débedas.
Agricultura entende que contribúe así a paliar as dificultades de acceso a crédito das explotacións agrarias e, en particular, a mellorar a situación financieira de sectores que atravesan por “especiais dificultades de mercado”.

A convocatoria das axudas tramitarase de inmediato e o prazo de solicitude finalizará o 20 de setembro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada