Carne

Publicada a nova normativa sobre clasificación de canles de porcino, vacún e ovino

Loading ad.
Ad could not be loaded.
07/07/2018 10:10 a.m.

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este sábado dous Reais Decretos polos que se actualiza a regulación da clasificación de canles de porcino por unha banda e a relativa á clasificación das canles de vacún e ovino e ao rexistro e comunicación dos prezos de mercado de determinadas categorías de canles e animais vivos.

A finalidade de ambas as normas é adaptar o marco regulador nacional na materia ás esixencias dos novos regulamentos comunitarios, mantendo dous reais decretos diferenciados para vacún e porcino, dadas as diferenzas existentes entre ambos os sectores e a metodoloxía diferenciada da clasificación de canles en ambos os sectores gandeiros.

Entre as principais novidades, cabe destacar a posibilidade de non aplicar a clasificación de canles en matadoiros pequenos, tanto de vacún como de porcino, e a canles de porcino ibérico e a aos seus cruces e de razas autóctonas en perigo de extinción, como o Porco Celta.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Doutra banda, flexibilízanse os requisitos en materia de controis oficiais, de tal maneira que as autoridades competentes poderán presentar un plan de controis baseado nunha análise de risco previo, que permita enfocar os controis oficiais cara aos operadores ou actividades de maior risco, mellorando a eficiencia na utilización dos recursos públicos.

Constitúense a Mesa de Coordinación da clasificación de canles e prezos e o Comité Nacional de Expertos en Clasificación de Canles

Ademais, co obxecto de coordinar as actuacións a nivel nacional e a interlocución coas institucións europeas, así como  para facilitar as tarefas de formación en materia de clasificación de canles, constitúense a Mesa de Coordinación da clasificación de canles e prezos, e dependente desta,  o Comité Nacional de Expertos en Clasificación de Canles de vacún e ovino e seguimento de prezos, formados por técnicos de recoñecida experiencia na materia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Descarga aquí o Real Decreto 815/2018, de 6 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación relativas á clasificación das canles de vacún e ovino e ao rexistro e comunicación dos prezos de mercado de determinadas categorías de canles e animais vivos.

Descarga aquí o Real Decreto 814/2018, de 6 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación relativas á clasificación das canles de porcino.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada