Desenvolvemento rural

Publicada a lista de axudas denegadas a zonas con limitacións naturais

28/02/2017 8:50 a.m.

A Consellería do Medio Rural publica este martes no Diario Oficial de Galicia unha resolución polo que dá publicidade á denegación de axudas a zonas con limitacións naturais en áreas distintas das de montaña solicitadas en 2016.

Os principais motivos de denegación son que os solicitantes teñen unha superficie menor de 2 hectáreas de superficie indemnizable ou que o solicitante non declara superficie indemnizable.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante a presidenta do Fogga, no prazo dun mes, é dicir, ata o 28 de marzo.

Accede aquí á lista de solicitudes denegadas.

Etiquetado
Ir a la portada