Agricultura

Próxima convocatoria de plans de mellora para explotacións agrícolas e froiteiras

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 28/07/2023 4:07 p.m.

O Consello da Xunta aprobou un informe da Consellería do Medio Rural sobre a nova convocatoria de axudas para plans de mellora en explotacións especializadas en produción vexetal, dotada con tres millóns de euros a cargo do Programa de desenvolvemento rural(PDR) de Galicia 2014-2020.

Así, trátase da terceira convocatoria desta liña de axudas (tras as ordes publicadas nos anos 2018 e 2019) e cuxo obxectivo é apoiar os investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en cultivos destinados á alimentación humana e á produción de plantas ornamentais e de flor cortada.

Desta forma, búscase mellorar os resultados económicos das explotacións agrícolas ao facilitar a súa reestruturación e modernización, incrementando a súa participación e orientación no mercado e diversificando a produción agraria. Do mesmo xeito, búscase reducir a pegada ambiental, diminuíndo as emisións de gases de efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Neste senso, poderán ser beneficiarios das ditas axudas todos aqueles titulares de explotacións agrícolas que estean inscritos no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga). En canto aos investimentos materiais ou inmateriais subvencionables, serán todos aqueles que impliquen unha mellora do rendemento global, da competitividade ou da viabilidade da explotación.

Así, entraría dentro desta orde a reforma ou construción de instalacións, a compra de maquinaria, a compra de construción agrarias en desuso, a plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude frutícola e mesmo a compra de terreos. Como investimento inmaterial, serán subvencionables os gastos como honorarios dos técnicos que elaboren proxectos de construción ou reforma, licenzas de software, entre outros.

Con esta liña de axudas, a Consellería do Medio Rural pretende promover a diversificación do agro galego a través da potenciación das explotacións agrarias dedicadas á agricultura, posto que este eido produtivo supón unha fonte de ingresos moi diversificada, ten vantaxes ambientais innegables para favorecer a biodiversidade e loitar contra os lumes forestais, ademais de manter os valores paisaxísticos tradicionais dos pequenos núcleos de poboación e do agro galego en xeral.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada