Desenvolvemento rural

Proxección este mércores en Viana do documental “Barbecho, en el corazón del despoblamiento”

03/12/2019 8:52 p.m.

A Casa da Cultura de Viana do Bolo (Ourense) acolle este mércores ás 11:30 horas a proxección do documental “Barbecho, en el corazón del despoblamiento”, promocido pola Unión de Pequeños Agricultores, e no que interveñen varias gandeiras ourensás.

O acto será presentado polo actor Rubén Riós e a continuación celebrarase unha xornada de debate sobre “Pode a agricultura frear o despoboamento?”, na que intervirán Emilio Carral, profesor da Universidade de Santiago de Compostela; Alberto Fidalgo, exdeputado e médico en zonas rurais; Antonio Mota, secretario de UNITEGA; e as gandeiras Manuela Barco, Gloria Fernández e Esther Alonso.

Ir a la portada