Carne

Protesta de gandeiros de vacún de carne na Limia

Unións Agrarias promoveu unha concentración en petición dunha mesa de negociación que aborde a caída de prezos dos xatos. A organización agraria considera que a crise repercute en exclusiva no gandeiro, pois sinala que os prezos non caíron nas cadeas de supermercados

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 15/06/2020 6:37 p.m.

O sector do vacún de carne é dos máis afectados no campo pola crise do coronavirus, con caídas de prezos que Unións Agrarias cifra en arredor dun 20%. Para abordar o problema, que persiste, Unións pide a convocatoria dunha mesa de negociación autonómica na que se busquen solucións. A organización desenvolveu hoxe unha primeira protesta simbólica ante unha cadea de supermercados en Xinzo de Limia, nun acto que congregou a unha trintena de gandeiros de Ourense.

O responsable de gandería extensiva de Unións, José Ramón González, advirte de que boa parte das granxas de vacún de carne “están sobrevivindo a esta crise con aforros ou endebedándose”. Por iso, González considera que é necesaria unha “mesa de negociación en Galicia” para buscar saídas.

[caption id="attachment_120530" align="alignleft" width="320"] José Ramón González.[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A elección de Ourense para esta primeira mobilización debeuse á importancia da gandería de carne no interior galego. “As 2.000 granxas de vacas nodrizas de Ourense son tan importantes para esta provincia como Alcoa para Lugo”, defendeu hoxe José Ramón González, en declaracións ós medios durante a concentración de Xinzo.

O segundo foco de crítica de Unións sitúase nos supermercados, pois entende a organización que se están producindo “manobras especulativas”. “O consumidor segue pagando o mesmo pola carne, mentres os gandeiros en cada xato perden entre 100 e 150 euros”, sostén González. “Non vale dicir que os chuleteiros ou a falda teñen menos saída porque a verdade é que saenlle regalados ás industrias”, valora. “O peche da hostalaría foi máis unha disculpa que unha causa”, sostén.

[caption id="attachment_120533" align="alignright" width="320"] Imaxe da concentración de hoxe.[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“Tampouco vemos que os matadoiros estean botando man de forma importante do almacenamento mediante conxelación. Hai falta de transparencia no mercado”, cuestiona.

Por último, a organización criticou en concreto ó supermercado Gadis, pois non entende que unha cadea de supermercados galega “non venda Ternera Gallega certificada”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada