Leite

Prosegue o bo momento de mercado dos produtos lácteos industriais

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 18/06/2021 5:50 p.m.

As cotizacións dos principais produtos lácteos que se moven a nivel internacional continúan rexistrando, en conxunto, un dos mellores momentos dos últimos anos. A manteiga en Europa sitúase en 410 euros / 100 Kg., o que é equivalente coas súas máis altas cotizacións históricas, se se desconta o pico acadado no periodo 2017-2019. O leite en po desnatado, pola súa banda, atravesa polos valores máis altos dos últimos seis anos, situándose en 259 euros / 100 Kg.

Se se atende ós prezos de hai un ano, a manteiga está un 29% por riba e o leite en po desnatado un 21%. Tamén é sensiblemente mellor o prezo do leite en po enteiro (+ 18%), en tanto nos queixos destacou o repunte do Edam (+12%) e do Gouda (+9%). Con todo, a maior mellora dáse no soro lácteo, un coproduto da fabricación de queixos, que se encareceu un 35% no último ano.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Esas melloras de prezos do mercado correspóndense en Europa cunha tendencia á suba de prezos no campo desde inicios de ano, se ben en España a tendencia é a contraria, pois os prezos no campo incluso baixaron.

O problema sitúano industrias e organizacións agrarias nas cadeas de supermercados, que teñen bloqueado nos últimos anos o prezo do leite nos supermercados. Hai conversas para tratar de solucionar ese bloqueo de prezos, pero as cadeas da distribución polo de agora eluden facer declaracións públicas ao respecto.

A tendencia á baixa dos prezos no campo coincide ademais cunha suba de custos de produción, en especial na alimentación animal e na enerxía, unha situación que preocupa ás granxas, que están vendo tensionada a súa liquidez.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada