Carne

Prosegue a tendencia á baixa dos prezos nas mesas de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 23/04/2015 10:59 a.m.

As mesas de prezos de Amio (Santiago) continuaron unha semana máis coa tendencia á baixa nas cotizacións de Ternera Gallega e dos becerros de recría. A baixada estacional da demanda e o aumento da oferta explican a caída que vén sufrindo desde comezo de ano a cotización dos animais en Ternera Gallega, esta semana entre 3 e 4 céntimos por quilo, se ben agárdase unha próxima recuperación.

En becerros de recría, os prezos caíron 5 euros por quilo, en tanto en vacún maior e gando de abasto mantéñense as cotizacións da semana anterior.

No que respecta ó mercado de gando de Amio, na sesión de onte entraron 2.204 reses, 220 menos que na feira pasada. Houbo 1.703 cabezas de vacún menor, 240 de vacún mediano e 254 de vacún grande.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Informe completo das cotizacións de Amio (22-4-2015)

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada