Axudas

Prorrogado o prazo para solicitar as axudas de banda ancha para zonas illadas

Campo Galego 21/04/2017 6:42 p.m.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, dependente da Xunta, ampliou ata o 11 de maio o prazo de presentación de solicitudes para as axudas dirixidas a financiar ó acceso a banda ancha. A convocatoria diríxese a empresas rurais ubicadas en zonas rurais con dificultade de acceso a internet.

En principio, estaba previsto que a convocatoria das axudas rematase o 20 de abril, pero finalmente, dado que os solicitantes, coa Semana Santa de por medio, tiñan que recabar ofertas para a execución dos traballos, optouse pola ampliación do prazo.

A Xunta tamén amplía en consecuencia o prazo para xustificar os gastos subvencionables, que terán que estar rematados e documentados a 15 de novembro do 2017.

Etiquetado
Ir a la portada