Desenvolvemento rural

Propoñen un novo polígono agroforestal no concello ourensán da Peroxa

06/09/2023 4:50 p.m.

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo hoxe unha reunión cos veciños da Peroxa para estudar a posibilidade de implantar a primeira fase dun polígono agroforestal neste concello.

Esta figura, entre a súa primeira e segunda fase, abarcará tanto o concello da Peroxa como o de Carballedo, mobilizará unha superficie de máis de 25 hectáreas, distribuídas en 195 parcelas duns 49 propietarios. Segundo explicou o conselleiro, proponse dedicar este polígono a gandaría en extensivo.

Este futuro polígono sumaríase ao outro xa implantado neste concello, o de Mirallos, que conta con 44,52 hectáreas, divididas en 193 parcelas de 65 titulares, cuxo uso principal está dedicado tamén á gandaría en extensivo e que se atopa con acordo de inicio.

Do mesmo xeito, tamén pasaría a formar parte dos 24 que actualmente existen en distintas fases en Galicia, que supoñen a posta en valor de máis de 9.000 hectáreas distribuídas nunhas 29.000 parcelas propiedade de 7.900 veciños.

Etiquetado
Ir a la portada