Noticias de empresa

Promoción especial de produtos de hixiene gandeira

15/10/2018 2:35 p.m.

A cooperativa Delagro lanza unha promoción especial pola compra de produtos de hixiene gandeira da súa Gama Excellence. Esta promoción estará vixente desde o 15 deste mes até o 15 de novembro e ofrecerá o deterxente como agasallo pola compra de calquera dos produtos da gama, todos eles pensados para unha desinfección eficaz e o coidado da pel do ubre e cunha calidade avalada por miles de gandarías de vacún de leite.

A gama de produtos cobre un amplo espectro en condicións de manexo hixiénico e no nivel de cada explotación gandeira.

A alta relación calidade prezo da súa gama de produtos de hixiene gandeira débese ao alto grao de esixencia que trasladan a todos as súas interproveedores, confiando sempre en fabricantes de primeiro nivel. Iso converte a Delagro nun dos principais distribuidores de produtos agrogandeiros do norte da península.

Consulte ao persoal técnico-comercial da súa cooperativa. Tamén pode consultar nesta ligazón a listaxe de puntos de venda dos produtos da Gama Excellence de Delagro:

http://www.delagro.org/entidades/cooperativas-socias

Etiquetado
Ir a la portada