Axenda

Programación de Moexmu 2017 que se celebra este fin de semana

04/04/2017 10:42 a.m.

Este luns presentouse na Deputación de Lugo a programación da XXXIII Mostra de Exposición de Muimenta (Moexmu), unha das principais citas anuais para o sector agrogandeiro galego. Moexmu terá lugar do 7 ao 9 de abril no recinto ‘Manuel Vila’ de Muimenta, en Cospeito.

O goberno da Deputación de Lugo achega para a organización de Moexmu un total de 12.000 euros, orzamento que se incrementa coas exposicións e actuacións de profesionais de artesanía e música, que tamén leva a través do CENTRAD e do Musiqueando da Deputación.

Máis de 100 cabezas de gando de 26 explotacións

MOEXMU, que xurdiu no ano 1985, é todo un referente na provincia e máis alá da mesma, xa que nela participan profesionais doutras comunidades, como Asturias e Castela León. Trátase dun dos mellores escaparates do sector primario pola cantidade e calidade dos animais, maquinaria e produtos autóctonos. Nesta edición, haberá 108 cabezas de gando, cun valor de 312.900 euros, de 26 explotacións gandeiras, das que 22 son de Lugo (Terra Chá, Mariña e Chantada); 2 da Coruña e 2 de Pontevedra. Contará cuns 100 expositores do ámbito artesanal, moble, produtos gastronómicos e automóbil.

Programación

A inauguración da mostra será o venres e continuará o sábado e o domingo en horario ininterrompido de 10:00 a 21:00 horas.

Venres 7 de abril
Ás 10:00.- Apertura do Recinto Feiral “Manuel Vila López”.
Ás 10:15.- Entrada do gando no Recinto Feiral ao longo de toda a xornada e verificación da correspondente documentación.
Ás 10:30.- Localización nas parcelas dos expositores dos diferentes produtos galegos de calidade e da terra.
Ás 15:00.- Remate da entrada de gando no Recinto Feiral “Manuel Vila López”
Ás 17:30.- Chegada de catro autobuses con persoas pertencentes ao colectivo da terceira idade, en colaboración co Concello de Cospeito.
Ás 18:00.- Demostración con dous robots de ordeño de gando por parte de Hermanos Falcón de Bretoña, A Pastoriza.
Ás 18:15.- Chegada ao Recinto Feiral do grupo de gaitas, colaboración da Deputación a través do Musiqueando para a inauguración da XXXIII MOEXMU.
Ás 18:45.- Recepción do inaugurador e demais autoridades que acudan ao Recinto Feiral “Manuel Vila López” por parte da comisión organizadora.
Ás 19:00.- Inauguración oficial da XXXIII Mostra Exposición de Muimenta – MOEXMU, XXXI Exposición de Gando de Raza Rubia, XXXI Concurso de Gando Raza Frisona e XXI Poxa de Gando Selecto.
Ás 19:20.- Lectura do “pregón” a cargo do xornalista de Radio Lugo – Cadena Ser, Paco Nieto Rodríguez.
Ás 19:40.- Merenda para o colectivo da terceira idade asistente á inauguración da Mostra Exposición de Muimenta – MOEXMU.
Ás 22:00.- Peche do Recinto Feiral “Manuel Vila López” ao público.

Sábado 8 de abril
Ás 09:00.- Apertura do Recinto Feiral para os expositores e gandeiros.
Ás 10:00.- Apertura ao público do Recinto Feiral “Manuel Vila López”.
Ás 10:05.- Apertura das instalacións para poder ver parte da exposición do CENTRAD da Deputación.
Ás 10:10.- Inicio do concurso de gando frisón (seccións correspondentes a xatas e xovencas).
Ás 12:00.- XXI Poxa de gando selecto.
Ás 12:30.- Demostración con dous robots de ordeño de gando por parte de Hermanos Falcón de Bretoña (A Pastoriza).
Ás 15:00.- Descanso no concurso para o xantar dos participantes no concurso e exposición de gando selecto.
Ás 16:00.- Reanudación do concurso, coas sección e campionatos correspondentes as vaca de leite.
Ás 16:15.- Demostración de Cesteiros, colaboración do CENTRAD da Deputación.
Ás 18:00.- Demostración cos dous robots de ordeño de gando por parte de Hermanos Falcón de Bretoña, A Pastoriza.
Ás 21:00.- Peche ao público do Recinto Feiral “Manuel Vila López”.

Domingo 9 de abril
Ás 09:30.- Apertura do Recinto Feiral para os expositores e gandeiros.
Ás 10:00.- Apertura ao público do Recinto Feiral “Manuel Vila López”.
Ás 11:30.- Concurso de mozos manexadores, organizado polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia. Sección 1: de 15 a 18 anos/ Sección 2: de 10 a 15 anos/ Sección 3: ata 9 anos
Ás 12:30.- Demostración con dous robots de ordeño de gando por parte de Hermanos Falcón de Bretoña, A Pastoriza.
Ás 12:45.- Concurso de manexadores adultos.
Ás 13:30.- Entrega de premios aos participantes e gañadores das diferentes seccións do concurso de gando.
Ás 14:30.- Clausura oficial da XXXIII Mostra Exposición de Muimenta, - MOEXMU, XXXI Exposición de Gando de Rubia Galega, do XXXI Concurso de Gando Frisón e XXI da Poxa de Gando Selecto.
Ás 16:00.- Demostración dun taller de monicreques, colaboración do CENTRAD da Deputación.
Ás 18:00.- Demostración con dous robots de ordeño de gando por parte de Hermanos Falcón de Bretoña, A Pastoriza.
Ás 21:00.- Peche ao público do Recinto Feiral “Manuel Vila López”.

A presentación de Moexmu 2017 correu a cargo do deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, o Alcalde de Cospeito, Armando Castosa Alvariño, a Concelleira Rosa Morán, o do Presidente e o Xerente da comisión organizadora de MOEXUM, Daniel Pollán e José Manuel Rus.

Ir a la portada