Viña

Programa para desfrutar do enoturismo na Ruta do Viño do Ribeiro

Loading ad.
Ad could not be loaded.
01/06/2019 3:45 p.m.

A Ruta do Viño do Ribeiro presentou este venres as actividades para a VIII Xornada de Portas Abertas nas Rutas dos viños de Galicia, un programa repleto de propostas enoturísticas para todos os públicos, e continúa un ano máis co ViñoBus da Ruta do Viño do Ribeiro.

As Xornadas celebraranse nos días 8 e 9 de xuño durante os cales o público visitante poderá participar nas actividades que habitualmente se programan como :

Ademais, a organización das VIII Xornadas de Portas Abertas quere repetir a experiencia co ViñoBus xa que este recurso facilita e promove a participación de público de diferentes puntos de Galicia. Sairán autobuses dende Vigo, Ourense, Santiago de Compostela e Pontevedra, que percorrerán, acompañados de guías turísticas profesionais, as diferentes adegas que participan na Xornada.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Nesta edición dáse especial importancia á promoción do patrimonio histórico un recurso moi ligado á cultura do viño e a súa importancia neste territorio. Por esta razón, as rutas do viño bus inclúen visitas teatralizadas de lugares tan relevantes como o Mosteiro de San Clodio en Leiro , Pazos de Arenteiro, ou ao casco histórico de Ribadavia.

Programa para o fin de semana do 8 e 9 de xuño

O sábado 8 de xuño, as rutas dos ViñoBus rematarán en Ribadavia onde a partir das 20 00h, poderán disfrutar da gastronomía que nos ofrecen os restaurantes socios da Ruta do Viño do Ribeiro, no Sábado de Tapeo con sabor a Ribeiro, que terá lugar na Igrexa da Madalena e a entrada ten un custe de 5 euros. Caldaria, Gastro Bar O Birran, , Nautico Castrelo de Miño, Tapería Val do Deva e Sábrego Restaurante ofrecerán pinchos elaborados exclusivamente para esta Xornada que serán acompañados de Viños das adegas da D.O. Ribeiro socios da Ruta.

O domingo 9 de xuño, AMECHIR, o Museo Etnolóxico e o Concello de Ribadavia, organizan a Andaina O Camiño do Viño. Ribadavia- Compostela// Etapa 1. Esta actividade defínese no marco da promoción da Ruta do Viño do Ribeiro para 2019, centrada na identificación desta Ruta como o Camiño do Viño, co obxecto de por en valor a relevancia histórica do Ribeiro na cultura do viño de Galicia e a súa vinculación coa cidade de Santiago de Compostela. Este roteiro sairá de Ribadavia ás 09:30 para pasar por Santo André de Camporredondo, Esposende ou Pazos Hermos, incluíndo teatralización de escenas do camiño dos Arrieiros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Tamén os socios da Ruta do Viño do Ribeiro programan actividades a nivel individual para promover a particicpación do público, así Adegas Celme propón unha cata maridaxe Celme, pan e queixo, que inclúe, visita a adega con cata e degustación de queixos das catro D.O, acompañada pola Sumiller Mercedes González, será o sábado 8 de xuño ás 18:30 horas e o prezo é de 20€. Para o domingo, adegas Celme, proponnos unha andaina ao Castro de Santa Lucía en Castrelo de Miño e posterior cata no lagar milenario no que se facía o viño no século I d. C, ás 12:30 con saída da mesma adega e un prezo de 25€.

Bodegas Cunqueiro ofrece o domingo 9 ás 11 00h unha visita de formación polos 100 anos de historia da adega con degustación de viño das fincas visitadas. O prezo é de 10€ por persoa.

Outra forma de gozar da Ruta do Viño é cun paseo a cabalo que ofrece Casal de Armán o sábado 8 e o domingo 9 ás 11 h, previa reserva, para un mínimo de 4 persoas e por un prezo de 100 euros, que inclúe degustación.

Como remate desta VIII Xornada de Portas Abertas a Ruta do Viño do Ribeiro ofrece a posibilidade de viaxar polos diferentes vales desta D.O. a través dos seus viños. O domingo 9 de xuño sairá un autobús dende o parque San lárazo en Ourense, para conducir aos participantes ao Pazo Carballo, en Ribadavia, onde se degustarán os viños elaborados no Val do Miño, a segunda parada será en Arnoia Caldaria, para coñecer os viños do val do Arnoia e finalizaremos o percorrido en Pazo de Esposende (Ribadavia) para disfrutar con viños do Val do Avia, acompañados de petiscos. A actividade, Somos Ribeiro, do Avia, do Miño, do Arnoia ten un prezo de 10€.

Toda a información sobre inscrición e reservas pódese atopar en www.rutadelvinoribeiro.com

A organización espera seguir incrementando o número de participantes nesta edición seguindo a liña ascendente que ven experimentando o evento dende que se celebra. Destacamos sobre todo a consolidación da actividade do ViñoBus, este ano esgotáronse os billetes en 15 días, dende que se puxeron á venta e temos lista de espera en case todas as liñas. En canto á participación a nivel individual en 2018 incrementouse nun 55% o número de participantes con respecto ao 2017, o resto de actividades cubríronse prácticamente no 100% e todo apunta a que esta xornada continuará na mesma liña.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada