Axenda

Programa do concurso subasta da raza Frisona Feiradeza

06/09/2016 6:58 p.m.

Este fin de semana, 10 e 11 de setembro, celebrarase en Lalín o XXXII Concurso e Poxa de Raza Frisona Feiradeza, que se celebrará no Lalín Arena.

Este venres, foi presentado o programa e o cartaz desta cita anual do sector gandeiro galego.
No acto, participaron José Rodríguez, xerente de Africor Pontevedra; Rafael Méndez, presidente de Africor Pontevedra; José Manuel Hermida, concelleiro de Actividade Agraria; Rafael Cuíña, alcalde de Lalín e Avelino Souto, un mozo gandeiro de Lalín.

Velaquí o programa de Feiradeza 2016:

Venres día 9 de setembro:
10:00 - 18:00 h. Entrada do gando, verificación da documentación e aloxamento no
recinto.

Sábado día 10 de setembro
15:30 h. Inauguración de Feiradeza 2016.
16:00 h. Inicio do Concurso, Seccións de Xatas e Xovencas.
18:15 h. XVII Concurso Novos Manexadores.

Domingo día 11 de setembro
10:30 h. Concurso de vacas de leite e campionatos.
13:15 h. VIII Poxa de Gando Frisón.
14:00 h. Entrega de premios e sorteos.
14:30 h. Clausura e Xantar.

O domingo sortearase no recinto feiral ás 14:00 horas unha xovenca preñada ou 1.000 euros e unha becerra ou 500 euros.

Descarga aquí o díptico co programa.

Ir a la portada