Desenvolvemento rural

Programa de formación gratuíto para empregarse no sector agrogandeiro

24/08/2023 5:04 p.m.

A Fundación Impulsarse organiza a actividade "Programa de Formación Agro-Gandería" no marco da Rede Eusumo.

Trátase dunha formación en agricultura e gandería que pretende ser de axuda para as persoas participantes na súa busca de emprego dentro do sector.

O programa constará de dous bloques. Un estará centrado na formación teórico-práctica e o outro consistirá en realizar visitas a diversas entidades agropecuarias.

Esta actividade está destinada a mozos e mozas que sexan menores de 30 anos e que teñan interese en traballar no rural en explotacións cooperativas de agricultura e gandería.

A formación levarase a cabo entre o 28 de agosto e o 8 de setembro de 2023 de forma presencial na Avenida Camelias 42, baixo, 36205 Vigo. O horario será de 9:30h a 14:30h.

Ademais, entre o 11 e o 22 de setembro realizaranse as visitas ás explotacións agropecuarias.

Para inscribirte ou solicitar máis información contacta a través de orientacion@fundacionimpulsarse.es

Etiquetado
Ir a la portada