Leite

Programa das XVIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro, que se celebrarán de xeito online

Os encontros virtuais terán lugar os días 18 de setembro, 18 e 19 de outubro e 18 e 19 de novembro e abordarán as instalacións e o benestar, a saúde desde o primeiro día ou a economía e nutrición, entre outros temas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 01/09/2021 5:07 p.m.

[caption id="attachment_77345" align="aligncenter" width="660"] As xornadas de Seragro celebrábanse habitualmente no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo[/caption]

Seragro SCG pecha o programa das XVIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite que se emitirán de forma on-line. As citas serán o 18 de setembro, 18 e 19 de outubro e 18 e 19 de novembro. Todas as xornadas serán en horario de tarde de 15:30 a 18:00 horas. Para asistir, pódese inscribir a través da páxina web do evento.

O primeiro módulo (18 de setembro) abordará as Instalacións e benestar. Influencia na produción. Abrirá o veterinario do Servizo de Alimentación de Seragro, Juan Luis Mosquera Gómez, seguirá o veterinario especialista en recría do Servizo Técnico de MSD AH, Carlos Carbonell Baeza, e pechará o responsable do Programa de Eficiencia Produtiva MID€S de Calidade Pascual, Carlos Romero Sala.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O segundo módulo (18 de outubro) tratará o Uso responsable de antibióticos. Unha necesidade e un beneficio. Nesta ocasión intervirán a coordinadora nacional do PRAN, Cristina Muñoz Madero, o veterinario e profesor de Sanidade e Benestar do Gando (Universidade Estatal de Michigan, EE.UU), Ángel Abuelo Sebio, e a veterinaria do Servizo de Calidade do Leite de Seragro, Margarita Penelas López.

O terceiro módulo (19 de outubro) céntrase na Economía e nutrición. Nesta sesión falarán o enxeñeiro agrónomo do Servizo de Xestión Técnico-Económica de Seragro, Alejandro Aneiros Martínez, o enxeñeiro agrónomo, especialista en nutrición e asesor independente (Holanda), Albart Coster, e o veterinario especialista en ensilado de forraxes, Alexandre Udina.

O cuarto módulo(18 de novembro) será o turno da Saúde desde o primeiro día. Nesta quenda, repite o veterinario Ángel Abuelo Sebio, e tamén falará o encargado do Servizo de Podoloxía de Seragro, Juan José Sánchez López.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No último módulo (19 de novembro) falarase sobre o Medio ambiente e sostibilidade da produción láctea. Será o turno do profesor de Ciencia Animal e Tecnoloxía (UPV), Fernando Estellés Barber; o investigador científico do CSIC, David Yáñez Ruíz, e o investigador do Serida, Fernando Vicente Mainar.

Para concluír, o catedrático de Biotecnoloxía da UPV e divulgador científico, J. M. Mulet, dará unha charla de Mitos sobre saúde e sostibilidade asociados ao consumo de leite. As sesións finalizarán cun brinde do leite.

Programa Completo: 

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada