Axenda

Programa das xornadas sobre “Os retos da viticultura ante o cambio climático”

20/05/2018 7:29 p.m.

O vindeiro 5 de xuño, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), organiza unhas xornadas sobre “Os retos da viticultura ante o cambio climático”.

Nelas, diversos expertos falarán sobre as transformacións que suporá o cambio climático para a viticultura ibérica, estratexias de adaptación, así como cales son as variedades autóctonas e os lévedos que mellor se poden adaptar.

As xornadas desenvolverase no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, en xornada de mañá.

Velaquí o programa:

As prazas dispoñibles son 100. O prazo de inscrición rematará o día 31 de maio agás que se esgoten antes as prazas.

Descarga aquí o programa completo.

Descarga aquí a ficha de inscrición.

Nestas xornadas colaboran a Deputación Provincial de Ourense, o Concello de Ourense, a Fundación Juana de Vega, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e a Asociación Galega de Enólogos (AGE). Esta actividade encádrase na II Semana Vitivinícola de Galicia.

Etiquetado
Ir a la portada