Carne

Programa da xornada técnica das IXPs Ternera Gallega e Vaca/Boi Galego

Loading ad.
Ad could not be loaded.
30/09/2019 11:19 a.m.

As Indicacións Xeográficas Protexidas Tenreira Galega e Vaca Galega/ Boi Galego celebrarán unha Xornada Técnica conxunta, que terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, o próximo 25 de outubro, venres.

Como é habitual, este encontro vai dirixido a gandeiros, profesionais técnicos, industria, distribución e consumidores. A xornada pretende informar sobre a situación actual da produción e comercialización da carne de vacún de calidade nun escenario no que se lle presta especial atención ao benestar animal e á protección ambiental.

Destes temas falarase en detalle durante as sesións, así como doutros aspectos como a bioseguridade nas gandarías de vacún e o uso responsable de antibióticos; os contratos alimentarios no sector; ou a situación actual dos mercados e a evolución do consumo de carne de vacún.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Velaquí o programa completo:

Máis información e inscricións:

Chamando aos teléfonos 981 57 57 86 ou 981 57 48 99 ou enviando un correo electrónico a consello@vacundegalicia.com

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada