Axenda

Programa da reunión de primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes

04/04/2018 9:56 a.m.

Os vindeiros 27 e 28 de abril terá lugar a IV Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes. Nesta ocasión a reunión centrarase nas "Iniciativas de investigación colaborativa para a produción de leite e carne de vacún en Galicia".

As xornadas terán lugar no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e na Finca Experimental Marco da Curra.

Para a inscrición será necesario reservar o xantar e o prazo estará aberto ata o luns 23 de abril. Pódese realizar a inscrición enviando un correo a sgpf.galicia@gmail.com ou nos seguintes teléfonos: 686 620 154 e 619 032 791

Velaquí o programa:

Etiquetado
Ir a la portada