Viña

Programa da Feira do Viño de Vilachá

Loading ad.
Ad could not be loaded.
05/05/2017 7:47 p.m.

Este fin de semana, 6 e 7 de maio, celébrase no concello lucense da Pobra do Brollón a XXVI Feira do Viño de Vilachá, unha cita tradicional para os amantes do viño da Ribeira Sacra nun entorno único como son as adegas de Vilachá.

O programa da feira é o seguinte:

Sábado 6 de maio:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-12:00 Apertura das Adegas e postos de comida.
-18:00h Pasarrúas cos Grupos de Cantos de Taberna: OS CORENTA E CHINCO BOYS, OS ESTOUPAFOLES, OS MESMOS, OS PALLETAS e OS AMIGOS DO CALDEIRO.
-21:00h Gran Chourizada.
-21:30h Actuación de FESTICULTORES TROUPE.
Haberá autocares con saída de Monforte ás 18:00h e da Pobra ás 18:30h. O regreso de Vilachá será ás 03:00h.

Domingo día 7:

-11:30h Alborada co Grupo de Gaitas de Escola Municipal de Música “Samoeiro”
-12:00h Pasarrúas cos Grupos de Cantos de Taberna: ARRINCADEIRA, AS LUCECÚS, RAICES DO CAMPO e CANTAREIROS DA UNIÓN.
-13:00H Pregón a cargo de Dna Ruth Rodríguez Ferreiros (Técnica da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias)
-15:30h Actuación da charanga NOVA TERRA DE TRIVES.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada