Noticias de empresa

Programa da 54ª Feira do Viño do Ribeiro

31/03/2017 6:24 p.m.

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 54ª edición, terá lugar os próximos días 29 e 30 de abril e 1 de maio de 2017, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense), presenta as actividades musicais que terán lugar durante a presente edición.

As actuacións previstas serán:

Sábado 29 abril 2017
-Sesión viño aperitivo: Ás 13.30 h, no palco da Alameda: "Roger de Flor"
-Sesión nocturna: Ás 21.00 h, no palco da Alameda: "En Mala Hora"

Domingo 30 abril 2017
-Sesión viño aperitivo: Ás 13.30 h, no palco da Alameda: "Marem Ladson"
-Sesión nocturna: Ás 21.00 h, no palco da Alameda: "The Teta´s Van"

Luns 1 maio 2017
Sesión viño aperitivo: Ás 13.30 h, no palco da Alameda: "Gonzalo Arca"

As actuacións musicais, principal novidade da programación deste ano, veñen cubrir unha demanda, tanto de público asistente en edicións anteriores como dos propios adegueiros e colleiteiros participantes, que complementará a oferta vitivinícola, turística, cultural e gastronómica do evento. Desde a organización se aposta por grupos e artistas locais, de rexistros variados e por un estilo de música "para todo o mundo", ambientando distintamente segundo as franxas horarias do día.

O escenario das actuacións estará situado na zona das Food Trucks, na que haberá cinco postos de comida máis unha pulpeira, lugar no que se ofertará unha gastronomía variada e moi apetecible para todos os públicos.

Tamén se repite este ano a actividade "Ribeirolandia", que funcionou con éxito na edición anterior e que deixou moi satisfeitos a nenos, pais e avós. Desta forma, durante os tres días do evento, na parte superior da Alameda, coñecida como Picuxa, en horario de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h, os máis pequenos dispoñerán dun espazo de xogo e lecer para divertirse.

Etiquetado
Ir a la portada