Leite

Programa do Concurso Galego de Raza Frisona

Loading ad.
Ad could not be loaded.
15/11/2018 1:44 p.m.

O vindeiro fin de semana, 24 e 25 de novembro, celebrarase no recinto feiral Santa Comba o XXVII Concurso Autómico de Raza Frisona, organizado pola Federación Frisona Galega (FEFRIGA). Desta forma, Galicia volve contar cun concurso autonómico todos os anos, alternando co que se celebra en Cimag-Gandagro, en Silleda.

O programa de actividades previsto é o seguinte:

Xoves, 22 de novembro:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-De 10:00 a 22:00 horas: Entrada do gando no recinto feiral e verificación da documentación.

Venres, 23 de novembro:

-De 10:00 a 14:00 horas: Entrada do gando no recinto feiral e verificación da documentación.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-De 16:00 a 19:00 horas: Concurso de Xóvenes Preparadores de Gando “FEFRIGA 2018”

Sábado, 24 de novembro:

-De 10:00 a 13:30 horas: XXVII CONCURSO AUTONÓMICO. Xulgamento das seccións de xatas e xovencas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-De 15:30 a 19:00 horas: XXVII CONCURSO AUTONÓMICO. Xulgamento das seccións de vacas e campionatos.

Domingo, 25 de novembro:

-De 11:30 a 14:00 horas. CONCURSO AUTONÓMICO DE NOVOS MANEXADORES, organizado polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia.

-14:30 horas: Xantar e entrega das Mencións Honoríficas FEFRIGA 2017.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada