Viña

Produtos fitosanitarios sen carné para as enfermidades da viña

A Consellería do Medio Rural ven de publicar unha serie de folletos divulgativos cos produtos fitosanitarios de uso doméstico, que se poden comprar sen necesidade de carné, para combater as enfermidades da viña

Loading ad.
Ad could not be loaded.
21/06/2016 9:54 a.m.

A Consellería do Medio Rural ven de publicar unha serie de folletos informativos cos produtos fitosanitarios para uso doméstico que se poden mercar sen necesidade de ter o carné de fitosanitarios.

Dende a Xunta insisten en que para pequenas producións domésticas non é preciso ter o carné de fitosanitarios xa que existe unha listaxe de produtos autorizados para uso non profesional cos que se poden combater as principais pragas dos cultivos. Sen embargo, malia estar rexistrados, unha parte importante destes produtos non están comercializados pola industria química, polo que é recomendable consultar na súa tenda habitual de produtos fitosanitarios. Asemade, compre recordar que estas producións, ao ser para autoconsumo, non deberían ser comercializadas.

Analizamos a continuación os produtos de uso non profesional, rexistrados ante o Ministerio de Agricultura, para a viña, un cultivo moi estendido en Galicia para autoconsumo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Mildeu:
O mildeu da vide é unha das enfermidades máis graves que atacan á videira, e pode producir danos considerables que, nalgúns casos, leva consigo a perda da colleita. Trátase dun fungo que ataca todas as partes verdes da planta e principalmente as follas, gromos e acios

Produtos de uso non profesional dispoñibles:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Oídio:
O oídio é unha das enfermidades máis graves e estendidas que pode atacar a vide e, en casos extremos, pode levar á perda total da colleita. Este fungo pode afectar todos os órganos verdes da cepa, causando maiores danos no acio

Produtos de uso non profesional dispoñibles:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Botrite:
O podremia gris ou botrite da vide é unha enfermidade causada por un fungo e produce danos de maior importancia naquelas zonas onde as condicións climáticas, humidade, sobre todo, lle son mais favorables. Non é un patóxeno específico da vide, dado que ataca a moitas plantas silvestres e cultivadas.

Produtos de uso non profesional dispoñibles:

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada