Segundo PROECOGAL Esta resposta social mostra o apoio existente a unha forma de produción sostible e respetuosa co medio, que difire moito das accións da Xunta que, "de xeito inxusto, arbitrario e unilateral, penalizou este sector, no lugar de exaltalo como ven demandando tamén Europa", e poñendo así, "en situación de precariedade moitos dos solicitantes que se viron obrigados a pechar ou, no mellor dos casos, pasar de novo ó método de produción convencional".
A Asociación non acepta a resposta por parte do conselleiro de que non se pode ampliar o orzamento cando se puido ver que o PDR do 2014-2020 xa foi modificado moitas veces por cantidades moi superiores ós 2,6 M€ que precisa a axuda demandada do 2022. O sector ecolóxico pode sinala ter cumprido cos compromisos suscritos, de estar en constante crecemento, non pode facer o mesmo a Consellería nin a Xunta, que cada vez discrimina e penaliza máis a produción ecolóxica, incluso deixándoa fóra da axuda de convivencia con grandes cánidos.