Viña

Proba dun robot en viñedos de Monterrei

A adega Martín Códax, que xestiona en Monterrei Terras do Cigarrón, fixo unha proba cunha máquina autónoma de roza

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 12/01/2024 10:38 a.m.

A adega Martín Códax probou nos seus viñedos de Verín (Ourense) o robot autónomo agrícola TED de Naio Technologies, o primeiro dedicado á viña. Preséntase como un dispositivo que logra unha roza mecánica eficaz e precisa, que respecta o chan e o cultivo, e que evita o uso de herbicidas.

Este robot, eléctrico cento por cento, conta con GPS precisión RTK, guiado, seguridade e control remoto. Dispón dunha autonomía de oito horas por día, co que permite programar os traballos para desherbar cando máis conveña.

Alcanza unha velocidade de 4,5 km/h, ten tracción/dirección ás catro rodas e está concibido para alturas de viñedo de 2 a 2,35 metros. Ademais, o seu sistema portaferramentas universal ofrece a posibilidade de adaptar a maioría de ferramentas lixeiras.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A proba fíxose en colaboración coa firma AG Group.

[caption id="attachment_220390" align="aligncenter" width="1200"] DCIM100MEDIADJI_0158.JPG[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada