Viña

Primeiro paso para a Indicación Xeográfica Protexida dos viños das Terras do Navia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
22/12/2020 6:23 p.m.

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a solicitude de rexistro da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Terras do Navia, que amparará os viños producidos na bacía do río Navia. A zona delimitada está situada ao nordeste da provincia de Lugo e abrangue o concello de Negueira de Muñiz e varias parroquias dos da Fonsagrada e de Navia de Suarna.

Con esta publicación dáse publicidade ao prego de condicións desta nova IXP, o que supón un primeiro paso de cara a súa inscrición no rexistro europeo. A solicitude publicouse tamén no Boletín Oficial de España (BOE) do pasado día 3 de decembro e, agora, ábrese un prazo, que finaliza o vindeiro 22 de febreiro, para que calquera que teña a consideración de interesado poida presentar alegacións.

Os trámites para a inscrición desta indicación xeográfica iniciounos a “Asociación para a Defensa das Variedades Autóctonas e do Viñedo da Ribeira do Río Navia”, que representa a un incipiente sector vitivinícola que ten interese en distinguir os seus viños no mercado cun indicativo de calidade.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Unha vez comprobado que se cumpren os requisitos legais, elaborouse o prego de condicións, que establece que esta IXP será aplicable a viños brancos e tintos elaborados exclusivamente con uvas de determinadas variedades, todas elas autóctonas, como as brancas albariño, branco lexítimo, godello e loureira ou as tintas albarín tinto, mencía, merenzao, brancellao e caíño tinto.

Tramitación en Europa

Unha vez superado o período de alegacións, o expediente será remitido ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para o seu envío á Comisión Europea. Alí será analizado e sometido a outro proceso de oposición, este xa a escala da UE, con publicación no Diario Oficial da Unión Europea. Superado este proceso produciríase a inscrición formal no rexistro, pero previamente, unha vez que pase polo trámite a nivel español, pódese activar a denominada «protección nacional transitoria», mecanismo que permitiría que a indicación xeográfica se puidese usar en España mentres continuase o proceso de tramitación da inscrición a nivel europeo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada