Leite

Primeiro paso de vaca na Coruña

Casa Grande de Xanceda habilita de xeito temporal un paso de cebra a xeito dun paso que simula a pel do bovino. O Concello valorará a posibilidade de colocar un permanente, sempre que non afecte á seguridade vial

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 30/08/2018 9:08 a.m.

O centro da Coruña acolleu a instalación dun paso de vaca temporal, unha acción coa que se sustituiu o clásico paso de cebra por outro que simula a pel dunha vaca frisona. A iniciativa foi promovida por Casa Grande de Xanceda, unha explotación de leite ecolóxico de Mesía (A Coruña) que transforma a súa produción.

O paso de vaca recibiu a visita do concelleiro de Mobilidade da Coruña, Daniel Díaz, que non descartou valorar a colocación dun paso de vaca permanente, sempre e cando non afecte à seguridade vial de peatóns e veículos.

Conxuntamente coa instalación do paso de vaca, Casa Grande de Xanceda habilitou un stand informativo para trasladarlle á cidadanía datos sobre a importancia leiteira de Galicia. Tamén puxo a disposición dos viandantes unhas gafas de realidade virtual coas que se podía visitar a propia explotación láctea.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada