Leite

Primeiras imaxes do ensilado do millo en Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
12/09/2018 2:24 p.m.

Esta semana comenzou a ensilarse o millo en Galicia, aínda que a maior actividade será a partir da próxima semana e ata mediados de outubro. As previsións inicialmente eran bastante boas, pero sen embargo a forte seca e as elevadas temperaturas destes días preocupan a moitos gandeiros, sobre todo a aqueles que sementaron o millo tarde, no mes de xuño, de forma que aínda lle quedan varias semanas de crecemento por diante.

De momento as fincas que se están a ensilar son aquelas con terreos con menor profundidade e nas que o millo se sementou cedo. Un dos gandeiros que xa iniciou o ensilado é Álvaro Martínez Suárez, de Prevediños (Touro-A Coruña). “Sementeino moi cedo porque na nosa gandería dispoñemos de bastante terreo. Foi un LG 34 444 que plantamos o 19 de abril e o rendemento está a ser moi bo, con plantas de ata 4,09 metros de altura e calculo que unhas 60 toneladas de materia húmida por hectárea. Iso si, non escatimamos no abonado, pois esta parcela levou xurro de vaca, de porco e mineral”, asegura.

Ensilando o millo na gandería de Álvaro Martínez Suárez: 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ensilando o millo na gandería O Cobelo, en Lodoselo (Sarreaus-Ourense): 


Ensilando en Mazaricos: 

Loading ad.
Ad could not be loaded.


Vídeo: Servizos agricolas Cerban S.L

Outras imaxes da situación do millo en Galicia:

[caption id="attachment_72848" align="aligncenter" width="1580"] Millo de Odón Castro en Sarria[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_72839" align="aligncenter" width="1594"] Millo de José Ramón Ramos Rey na Estrada[/caption]

[caption id="attachment_72836" align="aligncenter" width="1284"] Millo no Val de Cambás (Aranga). Foto: Alberto Rivera García[/caption]

[caption id="attachment_72845" align="aligncenter" width="1474"] Millo en Santa Comba. Foto de Manuel Iglesias[/caption]

Podes enviarnos fotos e vídeos dos teus cultivos de millo forraxeiro a comunicacion@campogalego.com

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada