Viña

Primeira Festa da Vendima da Vila de Monterrei

Terá lugar mañá sábado durante toda a xornada con degustación de viño e porco asado, actividades musicais e mercado de produtos de tempada

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 21/10/2022 12:01 p.m.

[caption id="attachment_183676" align="aligncenter" width="660"] Presentación por parte do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva, o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén[/caption]

Este sábado 22 de outubro, a privilexiada contorna do castelo de Monterrei acollerá a I Festa da Vendima da Vila de Monterrei, destinada a enxalzar a importancia do sector vitivinícola na economía, cultura e patrimonio da comarca de Monterrei.

A primeira edición desta cita lúdica, cultural e vitivinícola contará cun amplo programa de actividades apto para todos os públicos. No mesmo atópase un mercado de produtos agroalimentarios, no que estarán presentes diferentes produtos como mel, queixo, castañas, embutidos ou conservas, entre outros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ademais haberá un espazo propio da D.O. Monterrei, no que se poderá degustar o viño das seguintes adegas participantes: Ladairo, Pazos del Rey, Pazo das Tapias, Gargalo, José Luis Gómez Ibáñez, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Manuel Vázquez Losada e Manuel Regueiro García.

Demostración de pisado tradicional de uva

Esta festa contará tamén cun Folión de carros (a partir das 12.30 horas), pisado tradicional de uva (a mesma procede do viñedo que ten o Inorde na contorna da fortaleza) ou actividades infantís. Ademais dunha Foliada a cargo do Rancho folclórico S. Tiago (Mirandela), E.D. Castro Floxo (Ourense), Gaiteiros de Flariz e Os Trouleiros de Medeiros. O broche ao evento poñerase, a partir das 17 horas, co concerto de Brañas Folk.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Esta exaltación vitícola tamén contempla unha degustación de porco asado e dos viños da D.O. Monterrei. O prezo é de 5 euros, e os tickets pódense adquirir de forma anticipada no Concello de Monterrei, Oficina de Turismo de Monterrei, Tien21 e Sala Todo Fitness. Tamén se poderán adquirir o propio día do evento nun posto habilitado para ese fin.

Brinde colectivo

Durante a presentación da I Festa da Vendima da Vila de Monterrei, a presidenta do Consello Regulador lembrou que esta iniciativa coincide coa celebración do Día Movemento Viño D.O., que se conmemora en 36 denominacións vitivinícolas de todo o país, e á que tamén se sumou a de Monerrei.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por iso, tamén se realizará ás 13.30 horas un brinde colectivo “ao que convidamos a sumarse a viticultores, adegueiros e veciños da comarca”, destaca Lara Da Silva, que aproveitou a súa intervención non só para debullar as actividades programadas senón tamén para agradecer o apoio do “Concello de Monterrei, Deputación de Ourense e Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para facer posible unha festa que permitirá revivir as vendimas de antes, nas que se xuntaban familiares e amigos, e que terminaban cunha comida de irmandade, na que se compartían anécdotas e bos momentos”.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada