Carne

Prezos medios de 2.150 euros na poxa de xovencas de Acruga en Seoane do Courel

Adxudicáronse os cinco exemplares a subasta, o último deles por un importe de 2.450 euros

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 27/05/2018 11:13 p.m.

O recinto feiral de Seoane do Courel acolleu hoxe a primeira poxa de xovencas preñadas que a Asociación de Criadores de Rubia Galega (Acruga) organiza no concello de Folgoso do Courel. A estrea foi exitosa tanto en público como en vendas. Os cinco exemplares adxudicáronse por riba do prezo de saída (1.800 euros), nunha media de 2.150 euros.

O interese que suscitou a poxa plasmouse na concurrencia de 20 gandeiros con tarxetas, procedentes non só de Folgoso senón doutros concellos da comarca e máis distantes, con presenza de criadores de Lalín, Meira, Guntín, Lugo e Monforte. A primeira xovenca subastouse en 1.900 euros para un gandeiro de O Corgo, a segunda foi para Lalín en 2.100 euros e un gandeiro de Pedrafita fíxose por 2.000 co terceiro dos animais.

Os dous últimos exemplares subiron en prezos en poxas reñidas que se foron ata os 2.300 euros no cuarto animal, para un gandeiro de Meira, e ós 2.450 euros da última xovenca, para unha explotación de Pedrafita.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Asistiron á poxa o subdelegado do Goberno, Ramón Carballo; o deputado de Medio Rural da Deputación, Lino Rodríguez; a alcaldesa de Folgoso, Dolores Castro; e o presidente de Acruga, César Dorado, que incidiu en que o éxito da poxa de Seoane do Courel demostra a “crecente demanda que hai de animais de rubia galega, así como as súas excelentes cualidades”.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada