Carne

Prezos medios da Feira Cabalar de Santiago

Loading ad.
Ad could not be loaded.
26/07/2018 12:54 p.m.

Este mércores celebrouse en Santiago a Feira de Gando Equino, Asnal, Ovino e Caprino das Festas do Apóstolo. En total houbo unha afluencia de 559 animais, a gran maioría (505) eguas e cabalos, que se venderon tanto para vida (202), como para abasto (303), seguido do gando asnal (44 animais). A asistencia de gando ovino e caprino foi moi baixa: 10 exemplares de cada especie.

En canto aos prezos, o volume de negocio da xornada chegou aos 513.227 euros, dos que 481.871 corresponderon ao gando equino, 29.656 ao gando asnal e 1700 euros a gando ovino e caprino.

As cotizacións medias dos cabalos e eguas para vida foi de 1.328 euros por animal e no caso dos destinados a sacrificio 705 euros de media. Polo que respecta aos asnos, o prezo medio foi de 674 euros, 80 euros no caso do gando ovino e 90 por animal no gando caprino.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada