Carne

Prezo récord: Pagan 10.469 euros por un boi en Silleda

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 01/03/2022 5:33 p.m.

Este martes a Central Agropecuaria de Galicia Abanca, que se celebra en Silleda (Pontevedra), marcou un novo récord no prezo dun exemplar de vacún maior. Se xa o fixo o ano pasado en varias ocasións e tamén o pasado 15 de febreiro, hoxe volveu rebasar a cantidade máxima pagada por un animal desta categoría.

Esta mañá un boi de raza mestiza foi adquirido por 10.469 euros por Frigoríficos Bandeira (Silleda), superando os 9.927 euros pagados por outro boi o pasado 15 de febreiro e que se mantiñan como a cifra máis alta. Este exemplar, que ostenta agora o récord da Central, naceu en abril de 2017 e era propiedade dunha explotación de Maside (Ourense).

Prezo medio do vacún maior

Por outra banda, e tamén tras superarse tanto varias veces o ano pasado como en febreiro deste ano, hoxe a Central acadou un novo récord histórico no prezo medio da categoría de vacún maior. Así, se o pasado 8 de febreiro se situou nos 1.500,21 euros, hoxe chegou ata os 1.604,44 euros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Tal e como sinalan dende a Central, estas marcas están motivadas, unha vez máis, pola cada vez maior calidade dos exemplares de vacún maior que acoden ao mercado cada semana.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada